martes, 12 de mayo de 2020

TÉCNICA DE ESTUDIO: MAPA MENTAL

Mapas Mentais: Tudo o que você precisa saber!
Os mapas mentais axudan a reforzar a aprendizaxe sobre un tema en particular, especialmente en disciplinas como a historia ou as ciencias naturais. Esta técnica de estudio busca organizar gráficamente o coñecemento.

Un mapa mental é un diagrama debuxado en forma de árbore, de tal forma que a palabra central evoca máis ideas ou concpetos, e así xurden máis ramificacións en torno a ela. Este método pode chegar a ser moi creativo, podendo debuxar e pintar mapas de diversas formas, e adornalo con todo tipo de detalles. Así pois, fai referencia a un patrón de pensmaento por asociación, ou pensamento radial, considerándose unha das técnicas de estudio máis intuitiva e natural que existe hoxe en día.
As ventaxas dun mapa mental son:
  • Desenvolve a creatividade
  • Execita a técnica de braintorming(tormenta de ideas), cando pense nos diferentes concpetos e ideas que salen dunha soa palabra, non terá problema en unilas.
  • Rapidez e optimización do tempo.
  • Vista de falcón: poderáse comprender un tema cunha amplia visión.
  • Aumenta a concentración
  • Utilizanse ambos hemisferios cerebrais: o izquierdo para unir os conceptos de forma lóxica e o dereito para impregnar a técnica da creatividade.


¿Cómo se fan os mapas mentais?

1. Utilizar lápices, rotuladores ou pinturas de cores.
2. Poñer a palabra/ concepto que vamos a desenvovler no centro do papel.
3. Pensar palabras/ideas que estén relacionadas e nos evocan a palabra principal.
4. Escribir as palabras secundarias no sentido das agullas do reloxo, rodeando a palabra principal.
5. Pódense debuxar tódalas formas que se queiran, así cómo concluir tamén as cores que a imaxinación vos permita.

Deixovos unha listaxe de páxinas web onde podedes facer mapas mentais online.

Litpen
ExamTime
Prezi
Mohiomap
GoConqr

Espero que vos sexan de utilidade e vos animedes a prácticar.

Unha aperta forte💋😊

No hay comentarios:

Publicar un comentario