O inicio da escolarización na educación infantil supón un gran cambio na vida dos nosos cativos e cativas de 3 anos posto que pasa de un ambiente familiar onde é o centro de atención a encontrase nun ambiente novo, desconocido que lle crea unha certa inseguridade.
No colexio o/a neno/nena amplia o seu círculo social, adquire coñecementos, hábitos e rutinas, é dicir, a escola favorece o desenvolvemento global dos rapaces e rapazas.
Cando se inicia a etapa de educaión infantil é necesario ter en conta as seguintes pautas, para facilitar a integración e adaptación escolar:
- Presentarlle o colexio como un lugar agradable donde estará con máis nenos e nenas, e aprenderá multitude de cousas. Sempre dende unha visión positiva.
- Axudarlles a ser máis autónomos(comer sós, vestirse sós, etc)
- Desdramatizar a situación. En palabras de Pilar Guembe e Carlo Goñi:"Non sexamos máis infantiles que os propios nenos e nenas"
- Non mostrar execsiva preocupación
- É importante facer unha visita ao centro antes do primeiro día para que vexan o patio,etc.
- Fomentar unha linguaxe correcta: ofrecerlle un modelo correcto de pronunciación e ampliar o seu vocabulario.
- Falar con naturalidade do colexio e darlle o neno ou a nena toda a información que reclame.
- Non mostrar excesiva preocupación
- Debemos fixar horarios e rutinas similares aos que terá no colexio para facilitar a súa adaptación horaria, é dicir, adaptar progresivamente o horario de durmir-despertar ao que terá cando comece o colexio.
- Non deixar todo po último día; facelo partícipe en canto a preparación do material, roupa, etc que necesite para ir o colexio.
- Control de esfínteres. Ir traballando de forma progresiva, con tempo.
Un forte aperta💪😊
No hay comentarios:
Publicar un comentario