martes, 19 de mayo de 2020

TÉCNICA DE ESTUDIO: RESUMO


O resumo consiste en redactar según o esquema o contido de cada parte. é importante facelo coas nosas propias palabras pero utilizando vocabulario e expresións adecuadas.  É unha das actividades máis importantes e claves dentro do estudio.
Esta técnica pódese realizardespois de ter feito o subliñado e posteriormente a haber estudiado o tema, lección ou texto. Temos que intentar facelo sen volver a mirar o que xa limos, e se o facemos, o menos posible.

O resume debe ser breve pero completo coas ideas fundamentais e utilizando o teu propio vocabulario e modo de estructuración das oracións. Redactado de xeito persoal. Debese utilizar partículas de enlace entre distintos parágrafos que produzcan a ligazón lóxica ente os mesmos. 

Un bo resume depende moito da comprensión do texto e das veces que se lera (son recomendables tres: unha rápida, outra lenta con subliñadoe outra máis lenta con memorización e análise. Esta técnica utilizase para sintetizar o contido dun texto que logo hai que comentar ou estudiar. 

Entre as súas ventaxas podemos destacar a de facilitar mellor o estudio da lección e a súa comprensión, así como a concentración mentras estudamos. Cun bo conxunto de resumes das distantas leccións podemos realizar un repaso final moi positivo do que estudiamos

Para dominar a técnica do resumo é necesario facer exercicios de:
  • Análise e comentario escrito de textos
  • Resumes dos mesmos
  • Lectura detidas
  • Resumes de texto a partir dos subliñados
Para rematar, é necesario que despois de realizar o resume se lea varias veces e o completemos, si é necesario, co texto diante.

Finalmente, deixovos un video que sintetiza o explicado nesta entrada.


Agora é o voso turno, ÁNIMO!😉😊

No hay comentarios:

Publicar un comentario