viernes, 15 de mayo de 2020

PAUTAS PARA CORRIXIR CONDUTAS E HÁBITOS INADECUADOS

As condutas e hábitos inadecuado poden corrixirse pero requiren de paciencia, persistencia, constancia e esforzo por parte do profesorado, familia e do propio alumnado. 
Xa que as condutas inadecuadas é un problema conxunto, require unha actuación e resposta conxunta. 

PAUTAS

  • Falar con claridade e manterse con firmeza no "Si" e no "Non".
  • Non ameazar con algo que non se pode cumprir.
  • Manter as mesmas normas e consecuencias entre pai e nai, e calquera outro adulto que conviva co alumnado.
  • Ser modelo de conduta, autocontrolarse, non perder os nervios, e intentar non berrar. 
  • Poñer normas claras e concretas e explicar con claridade aquilo que queremos que se cumpra, e indicar as consecuencias e/ou castigos cando non se cumpran.
  • Felicitar e reforzar continuamente a conduta esperada.
  • Valorar a posibilidade de omitir a resposta ante algunha das condutas.
  • Os castigos ante unha conducta inadecuada deben ser inmediatos e non excesivos. Debe aplicalos a persoa que se encontra co neno/a no momento no que se produce a conduta.
  • Resolver calquera problema de conduta canto antes. Canto máis se tarde en corrixir, máis dificultades teremos para obter éxito. 
  • Razoar as normas e as consecuencias unha soa vez, pero non dar explicacións constantemente sobre a mesma conduta. Hai cousas que non deben negociarse. 
  • Evitar as desautorizacións e non desdecirse. 
  • Non xustificar as súas accións. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario