Hoxe deixámosvos un divertido xogo para traballar os animais e a súa clasificación, ao mesmo tempo que podemos xogar en familia.
Trátase do "Xogo da Oca" na que os xogadores deben responder ás seguintes preguntas sobre un animal concreto.
- É vertebrado ou invertebrado?
- Que tipo de vertebrado é?
- De que se alimenta?
- Como se move?
- Como se reproduce?
Normas do xogo:
- Clasificamos os animais segundo as cores.
- Laranxa: Son vertebrados ou invertebrados
- Vermello: Clase de vertebrados: mamíferos, ave, réptil, peixe ou anfibio.
- Verde: Son carnívoros, herbívoros u omnívoros.
- Amarelo: Onde viven: na selva, no bosque, na granxa, no mar ou no deserto.
- Azul oscuro: Como se moven: corren, voan, nadan ou reptan.
- Azul claro: Nacen de ovos ou nacen da nai (son ovíparos ou vivíparos)
- Se caemos na casa do canguro, saltamos como el, de canguro en canguro e tiramos outra vez.
- Se caemos na casa da cova, descansamos unha quenda.
Este material foi sacado da páxina web de ARASAAC. Podédes descargar a "Oca do animais" en tamaño grande picando AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario