As regras mnemotécnicas son técnicas sinxelas que nos axudan na retención e memorización.
A continución, deixovos seis regras mnemotécnicas de gran utilidade para memorizar.
1. GRABACIÓN
A escoita reiterada de audios dos contidos a estudiar ,por parte do propio neno ou nena, favorecen a aprendizaxe. Esta actividade pode ser moi útil para deficinións ou estudar expresións literais.
2. ACRÓSTICOS
Un acróstico é unha palabra creada a través das inicias das palabras que temos que memorizar. A palabra construida pode ser inventada ou real.
3. CREACIÓN DUN FICHEIRO
Elaboración de tarxetas, en cada unha delas pódese incluir o que necesitemos estudar. Esta técnica é útil para o estudo de vocabulario, fechas, etc.
4. ASOCIACIÓN DE CONTIDOS A UNHA IMAXE MENTAL
A memoria visual é moi potente, incluso en ocasións máis ca memoria verbal ou de conceptos abstractos. Podemos imaxinar e crear unha imaxe mental relacinándoa aos conceptos a estudiar. Esta técnica é de gran utilidade en asignaturas como naturais e sociais.
5. TÉCNICA DA CADEA
Esta técnica pode resultar moi útil para estudar e momorizar palabras clave dun texto, podemos enlazar unha historia encadeando cada unha das imaxes mentais.
É unha técnica moi útil para enlazar o contido completo e non olvidar apartados, xa que todo o texto estaría encadeado.
6. CREACIÓN DUNHA CANCIÓN
Unha estratexia dinámica e eficaz para moitos nenos e nenas. A través da melodía da súa canción favorita por exemplo, poden crear unha historia dos contidos a estudiar.
Para finalizar, podedes visualizar un vídeo resumo sobre as regras mnemotécnicas.
Lembrade que non hai un truco para memorizar válido para todo, cada persoa debe atopar cal é a súa técnica máis útil en función do contido a estudiar.
Moito ánimo, xa non queda nada😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario