martes, 5 de mayo de 2020

TERRORES NOCTURNOS

Terrores nocturnos en niños Sueño

¿Qué son os TERRORES NOCTURNOS?
É unha interrupción do sono que parecen similares a un pesadelo, pero son moito máis dramático. Si o noso/nosa fillo/filla algunha vez tivo un terror nocturno, o seu medo serí imposible de calmar. Non soen ser unha causa de preocupación nin unha sinal dun problema médico serio.

Os terrores nocturnos son provocados por unha sobre excitación do sistema nervioso central durante o sono, normalmente soen producirse entre 2 ou 3 horas despois de que o neno ou nena quede durmido, cando o soño pasa da fase máis profunda a fase más superficial. Polo xeral, esta transición ocorre sen problemas, pero nalgúns casos os nenos e nenas alarmanse e asustanse, o que provoca unha reacción de medo, é un terror nocturno

¿Cáles son os signos e síntomas?
Durante o terror nocturno é posible que o/a neno/nena:
  • se sente repentinamente na cama
  • grite con angustia
  • respire máis rápido e teña unha frecuencia cardíaca máis elevada
  • esté suando
  • mova as pernas
  • asustado ou alterado
Despois duns minutos o neno ou a nena cálmase e vover a durmirse. O día seguinte non recordan nada do terror nocturno porque estaba no sono profundo cando ocurreu e non hay imaxes mentales para recordar.

¿Quen ten terrores nocturnos?
Ocorren en cativos e cativas coas seguintes caracteríticas:
  • están excesivamente cansado ou estresados
  • toman un novo medicamento
  • dormen nun novo ambiente ou lexos do seu fogar
  • non dormen o suficiente
  • consomen demasiada cafeína(chocolate, refrescos, helados, dulces)
Os terrores nocturnos soen ocorrer en nenos e nenas de 4 e 12 anos. Un neno ou nena pode ter un só terror nocturno u varios antes de que desaparezcan. Na maioría dos casos, os terrores nocturnos desaparecen por sí solos a medida que o sistema nervioso madura.


¿Cómo podo axudar oa meu/miña fillo/filla?
A mellor maneira de manexar un teror nocturno é esperar con paciencia e asegurarse de que o noso/a fillo/a non s elastima nin se mova. Os cativos/as soen  calmarse e volver a durmir sós nun minutos. Convén non intentar depertarlos  porque os nenos/as que despertan soen estar desorientados e confundidos, e cóstalles máis tempo calmarse e volver a durmir.
Para axudar os nenos e nenas a previr os terrores nocturnos debemos intentar:
  • reducir o estrés, a través de exercicios de relaxación, deporte,
  • unha boa alimentación: evitando ceas ricas en grasas
  • trasmitirlle un mensaxe positivo antes de que se quede durmido/a.
  • crear unha rutina á hora de deitarse para dormir de forma sinxela e relaxante
  • asegurarse de que descanse o suficiente
  • non permitir que quede desperto/a ata moi tarde
Se o/a neno/a ten terrores nocturnos a mesma hora tódalas noites, pódese intentar despertar 15 ou 30 minutos antes para ver si esto permite evitalos.

Deixovos un vídeo sobre a prevención dos terrores nocturnos


Unha forte aperta😊

No hay comentarios:

Publicar un comentario