O “Escape room” é un xogo de aventuras que consiste en resolver diferentes probas (normalmente mentais) para poder saír dunha habitación antes de que se acabe o tempo.
É un xogo ideal para gozar en familia.
Máis aló da parte lúdica, os xogos de Escape Room ofrecen
grandes beneficios, como o desenvolvemento do pensamento lóxico, fomenta a
creatividade e a imaxinación, o traballo en equipo, potencia o razoamento lóxico, aumenta a autoestima, axuda a aumentar a súa concentración,
potencia a intelixencia, mellora a súa organización temporal e espacial,
ademais de favorecer a súa capacidade cognitiva.
Como neste momento todos estamos encerrados nas nosas casas
propoñémosvos un Escape Room para que fagades en familia, só
necesitaredes un ordenador, tablet ou móbil e ter conexión a internet.
Pica en Escape Room para comezar a aventura!
Esperemos que vos guste e desfrutedes desta actividade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario