sábado, 2 de mayo de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR


Hoxe día 2 de Maio, celébrase o Día interacional contra o Bullying, acoso Escolar e Ciberacoso, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar en nenos/as  e mozos/as  a nivel mundial.


Entendemos por Acoso Escolar: “Calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo dun alumno/a por outro ou outros/as, xa sexa de carácter verbal, físico ou psicolóxico, incluíndo o illamento ou baleiro social, con independencia do lugar onde se produza. Terán a mesma consideración as conducta realizadas a través de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan causa nunha relación que xurda no ámbito escolar.

O Ciberacoso ou Ciberbullying é: “o uso das redes sociais, correo electrónico, blogs e outros ámbitos das tecnoloxías da información e da comunicación en prexuízo dunha ou máis persoas, ou da súa imaxe pública".








A continuación deixámosvos o Protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar, elaborado pola Xunta de Galicia, onde poderedes atopar máis información importante sobre este tema. 


                                                                            

          

XUNTOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario