Son moitos os nenos e nenas que cando inician a etapa de educación infantil presentan unha lingaxe con múltiples dislalias.
A dislalia é un trastorno na articulación dos fonmemas, é dicir, mala pronuciación dos nenos e nenas. Este trastono da linguaxe é moi común nos cativos/as, o máis coñecido e máis fácil de identificar. Soen presentarse entre os 3 e 5 anos.
A dislalia infantil evolutiva é a que ten lugar na fase de desenvolvemento da linguaxe infantil, na que os nenos e nenas non son capaces de repetir por imitación as palabras que escoita e faino de forma incorrecta dende o punto de vista fonético. Ten varias fases dentro do desenvolvemento da linguaxe do neno/a e finalmente remata cando o neno aprende a pronunciar correctamente tódolos fonémas.
A continuación recollense unha serie de orientación para estimular o desenvolvemento correcto da linguaxe nos noso cativos e cativas de infantil.
Unha gran aperta😉💋
A continuación recollense unha serie de orientación para estimular o desenvolvemento correcto da linguaxe nos noso cativos e cativas de infantil.
- Falarlle correctamente, despacio e de forma clara. Non imitar a súa forma de falar.
- Darlle tempo para que responda as nosas preguntas ou faga el/ela as súas propias, sempre respetando o seu ritmo de pronunciación.
- Repetirlle todo as veces que o necesite, pero sempre de forma natural.
- Permanecer o mais cerca posible del cando se lle fale. Poñerse a súa altura. Miralo directamente aos ollos.
- Non corrixii inmediatamente as produción erróneas do neno/a. Utilizar a palabra con erros de pronunciación nunha frase para que a escoite ben dita. Exemplo: si o neno/a di “el pero ladra” pódeselle dicir: “el perro que juega con ese niño ladra muy fuerte ”. Ofrecéndolle sempre un modelo correcto.
- Evitar gritos, castigos ou comentarios despectivos relacionados coa linguaxe.
- Reforzar positivamente e felicitar ao neno/a pola súas melloras e metas alcanzadas.
- Importante que o nen/a oia correctamente e comprenda o que queremos dicir.
- Non rirse nunca dos erros fonolóxicos cometidos que comete.
- Intentar que o neno/a sinta que o comprendedes, esforzándonos por comprendelo/la e que o neno/nena non se sinta frustado.
- Aproveitar as ocasións nas que o neno/nena disfruta contigo para falar con el/ela, xogar con el/ela, lerlle contos, debuxar,..
- Realizar actividades motivadoras e atractivas co cativo ou cativa, sobre todo aquelas que provoquen e estimulen a linguaxe espontánea.
- Pedirlle o neno/a que nos explique o que está vendo, o xogo co que está xogando, …. Co fin de conseguir compartir cousas con el/ela.
- Despois de facer unha actividade interesante para o neno/a: excursión, viaxe, cumpreanos,… comenta con el/ela todo o que ocorreu, que foi o que mais lle gustou, como o pasou, etc.
- Mirar coa nena ou neno contos, revistas e que diga o nome dos obxectos que aparecen nas imaxes.
- Contarlle contos facendo partícipe, pedíndolle axuda nalgún momento e facéndolle preguntas.
- Ensinarlle cancións, adiviñas, refráns,….
- Ver coa nena ou neno un programa infantil de TV e preguntarlle sobre os persoaxes que aparecen, como se chaman, que fan,…
- Xogar co neno/nena a imitar son do entorno, de animais, ensinándolle de onde proceden e animalo/la a imitalos.
- Xogar co neno/nena a facer movementos cos labios, como dar un bico, soprar por unha palliña, facer pompas de xabón, lamber os labios, sacar a lingua fora da boca e subila ata o nariz, etc.
- Establecer unha rutina e hábitos de orde: que facemos despois de comer, antes de deitarnos, onde se colocan os xoguetes despois de xogar, etc.
LEMBRADE:
No hay comentarios:
Publicar un comentario