martes, 12 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER A MOTRICIDADE FINA


A continuación expoñemos algunhas actividades que axudan aos nenos e nenas a desenvolver a súa psicomotricidade fina. Hai que ter en conta que hai moitas variacións e adaptacións segundo a súa idade, a súa necesidade, a súa maduración e os seus intereses. Algunha destas activades que plantexamos son:
  • Trasladar pequenos obxectos como lentellas, garavanzos, sementes dun prato a outro usando só o dedo índice e o polgar.
  • Agarrar, pellizcar, trasladar con pinzas pompóns de la dun recipiente a outro. Podemos utilizar bólas de diferentes cores que deban introducirse en recipientes do mesma cor.
  • Imitar coas mans movementos de animais: león, ave, un paxaro en voando...
  • Clasificar botóns de diferentes cores en boles de diferentes cores.
  • Enroscar e desenroscar tapóns coa botella da cor que lles corresponda, deste xeito traballamos non só motricidade fina, senón tamén asociación de formas e de cores.
  • Introducir nun coador espaguetis ou palliñas por cada un dos buracos.
  • Inserir macarróns en espaguetis, ou ben, utilizar pezas grandes e introducilas en fío de pescar para facer colares. 
  • Xogar coa plastilina, apertala, espremela, amasala, estirala, enrolala, pellizcala… todo iso axuda afortalecer os músculos dos dedos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario