viernes, 15 de mayo de 2020

ORIENTACIÓNS PARA FOMENTAR A LECTURA

Diez cuentos infantiles cortos para fomentar la lectura ...Como fomentar a lectura en nenos - Faro de VigoLeer en casa con los niños: por qué es importante | Consumer
O domingo 17 de maio de 2020 celébrase o Días das Letras Galegas, adicado a RICARDO CARVALHO CALERO; con motivo disto hoxe vamos a centrarnos na importancia da lectura e nas súas vantaxas, así como nas estratexias que podemos utilizar dende a familia para fomentar a lectura nos nosos cativos e cativas.

A lectura debe ser unha fonte de pracer e convertirse nun hábito. Esta actividade é de vital importancia en prácticamente tódalas áreas da vida, por medio dela adquirese unha importante cantidade de coñecementos que axudan a mellorar a cultura, a comunicación e a vida en xeral das persoas, tanto no ámbito profesional, familiar ou soial. É importante que dende nenos as persoas adquiran o hábito da lectura, para ter un amplio léxico e adquirir diferentes conceptos éticos.

A lectura proporciona nos cativos e cativas os seguintes beneficios:
  •  Desperta a imaxinación e a creatividade, as emocións e os sentimentos.
  • Permite a transmisión e a interiorización de valores e da cultura 
  • Desenvolve a linguaxe.
  • Favorece o desenvolvemento cognitivo e a concentración.
  • Estimula a memoria, a sua capacidade de abstración e imaxinación.
  • Axuda no desenvolvemento da personalidade.
  • Permite e facilita  coñecer máis o mundo no que vivmos, a conocerse a sí mesmos e a contorno máis a fondo. É unha fonte única de novas experiencias.
  • Axuda no desenrrolo social.

En palabras de Bruner; os libros serven aos nenos e nenas de "andamiaxe" que lles leva a comprensión de formas cada vez máis complexas de textos escritos, da literatura e da cultura.

A continuación, plásmanse unhas pautas para fomentar a lectura:
  1. Crear un modelo lector na casa.
  2. Ler un pouco cada día durante un tempo específico.
  3. Crear un lugar especial na casa con libros. Formar a súa primeira biblioteca.
  4. Realizar xogos para apreciar os libros, posto que os cogos axudan a despertar o interés. O libro: "Juegos para fomentar la lectura infantil" de Gretel García y Eduardo Torrijos, propón algunhas actividades lúdicas interesantes: fabricar un divertido marcapáxinas, xogar a identificar as distintas partes dun libro.
  5. Ter en conta os intereses dos nenos e nenas e axudarlle a elexir o libro que se adapte mellor aos seus gustos.
  6.  Ler historias con persoas con éxito, no caso dos nenos e nenas os héroes.
  7. Dramatizar as historias, é dicir, ler o libro e logo facer unha representación da historia e interpretación da historia.
  8. Non castigar aos nenos e nenas mandándoos ler, xa que poden coller pereza a lectura e non van a realizar esta tarefa polo sua propia conta.

Os libros máis recomendables para emepzar a ler son aqueles que se adecuen a idade do neno/a e aos seus gustos. É importante que teñan unha boa selección de contos, que poidan coller cando lles apetezca. 


Para finalizar deixovos uns enlaces a bibliotecas virtuais e unha suxerencia e actividades que podedes realizar pra conmemorar o Día das Letras Galegas. 



Lembrade que no blog de dinamización da lingua galega do colexio, atoparedes entretidas e diversas actividades para facer, deixovos o enlace por si queredes votarlle unha ollada.

Espero que disfrutedes das leturas e actividades😉
Una gran aperta💋


No hay comentarios:

Publicar un comentario