A motricidade grosa é a habilidade que unha persoa vai adquirindo dende pequeno para mover de xeito harmónico os músculos do seu corpo e manter o equilibrio, ademais de adquirir axilidade, forza e velocidade nos seus movementos.
ACTIVIDADES TIPO:
- Xogar con pelotas, rodalas, lanzalas...
- Xogos de chan, xogos populares como: o gato e o rato, a rayuela, sen que che roce, estatuas, o tren... onde aprendan a manter o equilibrio e a coordinación.
- Realizar bailes.
- Subir e baixar escaleiras.
- Xogar aos zancos con latas.
- Crear un circuíto con aros.
- Liñas. Con cinta adhesiva crea distintos tipos de liñas. O neno/a terá que camiñar sobre estas liñas, tentando non saírse delas.
- Batalla de globos en familia.
- Saltar con dous e cun pé, andar, correr.
- Gatear e arrastrarse.
- Montar en bicicleta.
- Percorrido con obstáculos.
- Dar patadas a un balón.
- Xogar aos birlos
- Lanzamento de globos
- Lanzamento dunha pelota a través dun pneumático
- Dar pasos imitado a animais. Por exemplo: dar pasos de elefantes…
- Saltar á corda
No hay comentarios:
Publicar un comentario