lunes, 18 de mayo de 2020

Estratexias para motivar aos nen@s a estudar na casa




A motivación é a ferramenta imprencindible para evitar e reducir o abandono escolar.

Neste momentos de confinamento non están poñendo nada fácil a tarefa de aprendizaxe posto que os nenos e nenas están a vivir unha situación nova, na que moitas veces está presente a tristeza,irritabilidade, rabia ou medo, e non cabe dúbida de que o estado emocional influe no proceso de aprendizaxe, cómo afirma Amalia Gordóvil, profesora colaboradora dos Estudios de Psicoloxía e Ciencias da Educación da UOC.
Esta doctora en Psicoloxía, recorda que o estudo virtual require de autodisciplina e planificación, e non todos os nenos e nenas a estas idades(6-15anos) poden poñer en marcha estas habilidades ao mesmo ritmo. Ademais, na casa aumentan as distracións que interfiren na atención sostida e na capacidade de concentración, necesarias para  o estudio.

A continuación recollense estratexias para axudar a motivar os nenos e nenas a estudiar:
  • Establecemento de horarios con tempo libre
  • Fomentar a concentración con espazos fixos de estudio
  • Fixar obxectivos pequenos e concretos 
  • Adaptarse ao neno/nena en canto a necesidades, intereses, formas de aprender. Non todos teñen a mesma capacidade de atención nin a mesma maneira de poñela en práctica
  • Ser congruentes; se todos os membros da familia saben os horarios dos demáis e se respetan será mais sinxelo manter un orde, necesario para estudiar.
  • Seguir as cinco C, según Adriana Orellana, é clave para lograr a motivación. promover actividades de aprendizaxe que incluan:
1. Contexto: conectar a aprendizaxe cos coñecementos e experiencias previas.
2. Creatividade: estimulando a resolución creativa de problemas reais e significativos
3. Curiosidade: procurar despertar o interés do neno ou nena polo que está aprendendo
4. Control: os cativos e cativas poden influir no que aprenden e cómo o aprenden
5. Colaboración: promover a interacción e o traballo en equipo entre o neno ou nena e a familia

Para concluir, recoméndovos visualizar esta curtometraxe: El alfarero, que trata a motivación para ter éxito.


Con motivación, non hai traballo imposible nin éxito inalcanzable.

Ánimo. Un aperta 💚😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario