Aqui propoño algunhas actividades que poidades realizar na casa. A idea é que sexan lúdicas e que se traballe de xeito transversal a memoria, o vocabulario, a organización da linguaxe oral, etc.
XOGOS CON TAPÓNS
Facer series con tapóns
REALIZAR O DEBUXO SEGÚN O MODELO
Só necesitamos tapas de diferentes cores e cartóns ou folios onde facer casiñas
QUE LEVO NA MALETA?
Podemos dar unha temática coma o inverno, o verán, animais da granxa, do bosque,...Cada xogador vai dicindo unha palabra relacionada co tema, o primeiro xogador di unha, o seguinte ten que dicir a palabra do anterior máis a súa, e así sucesivamente. A ver cantas palabras somos capaces de memorizar e meter na maleta!
CONTOS MÁIS ALÁ DA LECTURA
- Dada unha cor, forma, etc,..buscar elementos no conto seguindo a instrucción
- Lecturas en voz alta , dependendo da idade, para traballar a lectura comprensiva, facer preguntas da mesma.
- Observar durante un minuto con atención unha páxina do conto, despois retirar o estimulo visual e facer preguntas sobre o observado.
- PEQUECURIOSOS: Fai unha lista con palabras que escoites e non saiban o que significan : polo menos podes escribir tres palabras ao día. As palabras poden ser sacadas dun libro, da tele ou dunha conversa.
- CAZAFORMAS: Convertete nun cazador de formas. Busca na túa casa cousas que teñan forma de triángulo, de cadrado, rectángulo,... Elixe só unha forma e debuxa a lo menos cinco cousas que encontres e escribe os seus nomes.
- ATRAPASONS: Cerra os ollos e escoita atentamente .Escribe polo menos cinco cousas diferentes que poidas escoitar e debúxalas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario