A gamificación é unha técnica de aprendizaxe que traslada a mecánica dos xogos ao ámbito educativo co fin de conseguir mellores resultados.
Calquera actividade realizada en contexto da gamificación busca lograr os seguintes obxectivos:
1-Fidelización co alumno, ao crear un vínculo co contido que se está traballando.
2-Ser unha ferramenta contra o aburrimento.
3-Optimizar e recompensar ao alumno naquelas tarefas nas que non hai ningún incentivo máis que a propia aprendizaxe.
4-Ser un recurso que incrementa o nivel de motivación no alumnado.
A proposta para hoxe é un xogo de TRIVIAL INTERACTIVO DE REFORZO.
A través de diferentes categorías, diferenciadas por cores, faremos un repaso de :
Morfosintaxe.
Sons e sílabas
Comunicación .
Vocabulario.
Adiviñas.
Trabalinguas .
Espero que vos guste!
Un forte abrazo!👩💛💜
No hay comentarios:
Publicar un comentario