viernes, 8 de mayo de 2020

Rutina: DURMIR

Dormir bien es vital para el niño: hábitos para que tu hijo tenga ...

Durmir ben significa descansar e repoñer enerxías, desconectar do día, cargar pilas, reconfortarse cun mesmo. Podemos dicir que o sono é un dos hábitos máis importantes  para as persoas.

Moitas veces os nosos cativos e cativas resístense a ir para a cama a durmir, polo que este feito convertese nunha "loita" entre os nenos e nenas e os pais e nais, en lugar de ser un momento relaxado e tranquilo.

A continuación preséntovos unhas rutinas que podedes levar a cabo cos vosos/vosas fillos/fillas, para durmir, e conseguir que o momento de ir para a cama sexa máis doado e calmado.

  • Maxia no teito: colocar figuras(estrelas, animais)que brillan na oscuridade ou pequenas luces no teito. Una maneira de entretelos/as ata que se quedan a durmir.
  • Xogo do soño: na porta da habitación(ou onde vos resulte máis cómodo), colocade un taboeiro con espazos e un boneco que represente ao neno/nena. Cada noite que o neno/a se quede na sua cama, poderá avanzar un espazo e o chegar a meta poderá conseguir un premio.
  • Compartir o bo de cada día: falar e compartir tódalas cousas boas que fixemos es día. Conversar sobre aquelas actividades/tarefas boas é unha excelente maneira de finalizar o día.
  • Un conto cada noite. Os beneficios de ler un conto antes durmir son múltiples: potencia a imaxinación, a memoria, a capacidade de razoamento, crea un hábito de lectura, mellora a concentración, mellora a capacidade da linguaxe, transmite valores positivos e prepara os cativos e cativas mentalmente para o sono. A través do seguinte enlace podedes acceder a diversos contos virtuais; Contos online
  • Bos pensamentos. Deitarvos xuntos o neno ou nena e imaxinade cousas bonitas, que vos gusten. Esta é unha rutina divertida e fomenta a creatividade e imaxinación dos máis pequenos/as

Para rematar, déixovos unha táboa elaborada pola AAP na cal se reflicte as horas que deben durmir os nenos e nenas según a súa idade.

https://www.healthychildren.org/SiteCollectionImagesArticleImages/Sleep-table_es.jpg


Recordade:"Sempre soña e apunta máis alto do que sabes que podes lograr."  William Faulkner.

Moito ánimo e unha gran aperta💜







No hay comentarios:

Publicar un comentario